
Na nosa actual sociedade, libre de "machismos" e "feminismos", non debería ser así, pero o certo é que parece que si exista certa marxinación, desde un principio nas aulas onde impártese educación infantil, prevalecen as mulleres; o número de homes é mínimo.
O esquema cultural de sempre, pon á muller no papel de "coidadora de nenos", relegando ao home a traballar noutros oficios; pode ser unha das causas de que o home non se decante por esta profesión, que en todo casodebe ser vocacional e non deixarse levar polos tópicos e tachar o de que o home que se adica á educación infantil é raro.
Hai que intentar cambiar as mentalidades que poden afectar á hora de seleccionar ó persoal, non se debe ver nin a figura masculina nin a femanina, senón a profesionalidade da persoa que se vai adicar a algo tan importante como educar e coidar un neno.
Na actualidade vaise avanzando tanto neste coma noutros casos, o mundo laboral valórase polos coñecementos, non polo sexo que teñas.
Realizado por: Jéssica Conde González
1 comentario:
Está ben. valoración 0,25 sobre 0,25
Publicar un comentario