viernes, 12 de diciembre de 2008

Educación e Formación en Europa


A unión europea promove a mobilidade de estudantes e traballadores co finanzamento dos programas transfronteirizos, para aproximar aos cidadáns as oportunidades de traballo, formación e cultura dos diversos países da unión europea.


Unha das metas fixadas para o 2010 e facer que Europa teña máis e mellores empregos e con maior cohesión social. Destinaranse orzamentos para conseguir o pleno emprego e a adaptabilidade dos traballadores no novo marco laboral europeo.


Estas medidas pretenden garantir o acceso libre e a igualdade de oportunidades nos sistemas de educación e formación, xa que hai unha insuficiente participación de mulleres e persoa de maior idade. O Consello Europeo de Lisboa ten por obxectivo aumentar a proporción de mulleres empregadas e a taxa de emprego dende un 61% no 2000 ata un 70% no 2010.

1 comentario:

jesus g. amillo dijo...

as oportunidades de formación e emprego quedan un tanto diluidas. valoración 0,1 sobre 0,25